Poñentes

 

  • Dª. MINIA MANTEIGA OUTEIRO: Profesora universitaria na universidade de A Coruña, e investigadora en Astrofísica. Colaboradora co Instituto de Astrofísica de Canarias, Istituto di Astrofísica Spaziale (Italia), Inst. Nacional de Astrofísica, Optica e Electrónica (INAOE, Mexico), INst. Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). Coordinadora en Galicia do grupo de traballo sobre “Colaboración PROAM” da SEA. http://www.facebook.com/minia.manteigaouteiro
  • D. SALVADOR X. BARÁ VIÑAS:  Profesor da Universidade de Santiago de Compostela e investigador en sistemas de óptica adaptativa para Astronomía e Biofotónica. Coordinador do programa da USC: “Astronomía na beirarrúa”.  http://webspersoais.usc.es/persoais/salva.bara/index.html
  • D. RAMÓN IGLESIAS MARZOA: Máster en Astrofísica pola U. La Laguna (ULL). Licenciado en Astrofísica pola ULL. Estudante de doutorado no Depto de Astrofísica da ULL. Licenciado en Física Electrónica pola USC. Presidente do Clube de Astronomía Vega. (Aprendiz dunha chea de cousas). Colaborador do programa da USC: “Astronomía na beirarua”. Coordinador activo de varios proxectos de Colaboración entre astrónomos aficionados en Galicia
  • D. ALBERTO MARTOS RUBIO: Inx. en Telecomunicacións , traballou na Estación Espacial para Vóos Tripulados da NASA en Madrid (Fresnedillas) entre 1970 e 1984, participando en catro expedicións Apolo. Traballou tamén no rastreo da estacion espacial Skylab, no histórico acople do Apollo e a Soyuz , numerosos satélites, e telescopios espaciais xa dentro da Axencia Espacial  Europea.   http://www.facebook.com/alberto.martosrubio
  • D. GERMÁN PERIS LUQUE: Master en Astronomía e Astrofísica pola VIU. Membro da AA de Sabadell e da AA de Castellón. Divulgador astronómico en diferentes medios de comunicación e diferentes entidades, entre as que destacaría a súa vinculación ao Planetario de Castellón. Ten rematado recentemente a súa estancia de máis dun ano en Galicia, como astrónomo de soporte no OAF (Pontevedra), finalizando unha colaboración sobre fotometría de subenanas calientes azuís para o grupo de astrofísica  AS1 da UVigo.
  • CIENCIACTIVA: http://www.cienciactiva.com/  D. JUANJO GARCÍA: Aficionado á Astronomía dende os 8 años. Radioaficionado (EA1HXB). Socio da AAM onde coordina o grupo de traballo de Cometas.  Agrupación astronómica de Madrid. Socio da Asociación de Ciencia e tecnoloxía Hespérides de El Espinar (Segovia). D. FERNANDO FERNÁNDEZ: Aficionado á Astronomía, concretamente no campo da Astrofotografía. Socio da AAM. Socio da Asociación de Ciencia e tecnoloxía Hespérides de El Espinar (Segovia)
  • D. JORGE ARRANZ: membro da Agrupación astronómica de Madrid. Experto en debuxo astronómico. Ata o pasado mes de marzo, foi vocal de estudos de a Agrupación Astronómica de Madrid, e na actualidade, retirado das tarefas de xestión, segue como coordinador do Grupo de Iniciación á Observación IO. Traductor do programa Astroplanner 2 ao castelán e divulgador astronómico.
  • D. BORJA TOSAR: Master en Astronomía e Astrofísica pola Universidade de Valencia, colaborador da Casa das Ciencias de A Coruña e divulgador científico en distintos medios de comunicación.