Ío: lúa sobre Xúpiter

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: canto de grande é Ío, a lúa de Xúpiter? O máis volcánico dos corpos do sistema solar, Ío ten 3.600 kilómetros de diámetro, máis ou menos como o tamaño do gran e único satélite natural da Terra. Planeando Xúpiter na volta do milenio, a sonda Cassini tirou esta abraiante e inspiradora vista da activa Io co máis grande xigante gasoso como fondo, ofrecendo unha impresionante demostración do tamaño relativo do planeta dominante. Se ben no foto de enriba Ío semella estar xusto fronte ás turbulentas nubes xovianas, Ío pasa voando pola súa órbita de 42 horas a unha distancia de 420.000 kilómetros, máis ou menos, do centro de Xúpiter. Eso sitúa a Ío a preto de 350.000 kilómetros sobre as máis altas nubes de Xúpiter, equivalente aproximadamente á distancia entre a Terra e a Lúa. A sonda Cassini estaba a 10 millóns de kilómetros de Xúpites cando tirou esta imaxe.

Texto orixinal no APOD.