Penacho de lava do monte Etna


Créditos da imaxe e copyright: Dario Giannobile
Explicación: o monte Etna estivo entrando en erupción durante centos de milleiros de anos. Situado en en Sicilia (Italia), o volcán produce fontes de lava dun quilómetro de altura. O monte Etna non é só un dos volcáns máis activos da Terra, é un dos máis grandes, medindo uns 50 quilómetros na súa base e erguéndose a unha altura de case 3 quilómetros. Na fotografía de mediados de marzo, sube un espectacular penacho de lava e voan perigosas bombas volcánicas fundidas polas abas, mentres os quentes fluxos de lava caen polo exterior do volcán. A rotación terrestre distínguese polos ronseis estelares nesta imaxe de longa duración, feita coidadosamente baixo o luar.