67P en 3D


Créditos da imaxe: ESA, Rosetta, MPS, OSIRIS; UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA. Estéreo: D.Romeuf, G.Faury, P.Lamy
Explicación: pega dos teus lentes vermellos/azuis e contempla a superficie do Churyumov-Gerasimenko, ou cometa 67P. O anáglifo en estéreo creouse combinando dúas imaxes da cámara OSIRIS de enfoque estreito da sonda espacial Rosetta tiradas o 22 de setembro de 2014. A paisaxe en 3D, inhóspita e escarpada, atópase ao longo da rexión Set do cometa de núcleo con dous lóbulos. Abarca uns 985 x 820 metros, marcado por cristas circulares, depresións e áreas aplanadas esparexidas de penedos e refugallos. A gran mina circular de paredes pinas do primeiro plano ten 180 metros de diámetro. A misión da Rosetta no cometa rematou en setembro de 2016 cando a nave espacial foi dirixida a un impacto controlado contra a superficie do cometa.