O polo norte espiral de Marte

 
Créditos da imaxe: ESA/DLR/FU Berlin; equipo científico NASA MGS MOLA
Explicación: por que hai unha espiral ao redor do polo norte de Marte? Cada inverno este polo desenvolve unha nova capa exterior dun metro de grosor máis ou menos composto de dióxido de carbon precipitado desde a fina atmosfera marciana. Esta capa recente deposítase sobre unha capa de xeo de auga que existe todo o ano. Os fortes ventos caen desde arriba do centro do casquete e xira debido á rotación do planeta vermello; contribuíndo á estrutura espiral de Planum Boreum. A imaxe publicada é un mosaico en perspectiva xerado a comezos deste ano a partires de numerosas imaxes tomadas pola Mars Express da ESA e as alturas extraídas desde o altímetro láser a bordo da misión Mars Global Surveyor da NASA. As novas misións planificadas a Marte nos vindeiros anos incúen a Insight, que prevé tradear o interior de Marte, e a ExoMars e o todoterreo Mars 2020 co plan de procurar signos de vida marciana microscópica; pasada e presenta.

Conferencias de balde APOD: xaneiro 5 en NYC & xaneiro 9 en DC
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?