Noites de Namibia

 

Créditos do vídeo e copyright: Marsel van Oosten; Music: Simon Wilkinson

Explicación: Namibia ten algunhas das noites máis escuras que se poden ollar dende calquera continente. Algúnas desas espectaculares paisaxes celestes foron captadas neste vídeo time lapse. O vídeo comeza con dúas insólitas árbores alxava por diante dun campo estelar profundo onde destaca a parte central da nosa galaxia, a Vía Láctea. A medida que a Tierra xira esta banda brillante de estrelas e de gas semella pivotar aorredor do polo sur celeste. A continuación, o resto das árboles espiñentas óllanse contra un ceo que inclúe unha (á dereita de todo) que é a Gran Nube de Magallanes, unha pequena galaxia satélite da Vía Láctea. Despois, un satélite que reflexa a luz solar pasa rápidamente por enriba. As árbores alxava voltan a aparecer e exhiben inusuáis troncos mentres que ao fondo vóltase a ollar claramente a Pequena Nube de Magallanes. As luces artificiais iluminan unha néboa que arrodea as árbores espiñentas de Deadvlei. A secuencia final mostra os arcos naturais de pedra de Namibia contra as sombras causadas pola Lúa que se oculta. Este vídeo inclúe máis de 16.000 fotografías tomadas durante dous anos, y gañou as máximas honras dos premios Travel Photographer of the Year de 2012.

Texto orixinal no APOD.