Voo virtual sobre o asteroide Vesta

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS, DLR, IDA; Animación: German Aerospace Center(DRL)

Explicación: cal sería a sensación de voar sobre o asteroide Vesta? Os animadores do Centro aeroespacial alemán (German Aerospace Center) tomaron recentemente as imaxes reais e os datos en altura da misión Dawn da NASA que actualmente visita Vesta para xerar esta película virtual. O video de enriba comeza cunha secuencia sobre Divalia Fossa, unha inusual parella de canles que corren paralelas sobre un terreo cheo de cráteres. Despois a nave espacial virtual explora o cráter Marcia de Vesta, de 60 km de diámetro, mostrando numerosos e vívidos detalles. Finalmente as imaxes da Dawn foron dixitalmente modificadas cunha altura esaxerada para mostrar millor a montaña Aricia Tholus de Vesta de 5 km de altura. Actualmente Dawn está abandoando Vesta despois de ter estado preto abondo para obter as máis detalladas imaxes da súa superficie e medicións de gravidade do segundo maior asteroide do Sistema Solar. Dawn está programada para saír de Vesta e enfilar en dirección a Ceres, o maior asteroide do Sistema Solar.
Texto orixinal no APOD.