Conxunción preto da alborada

Créditos da imaxe e copyright: Luis Argerich

Explicación: resplandecendo nesta época no ceo oriental no amencer os brillantes planetas Venus e Xúpiter xúntanse co cúmulos das estrelas Pleiades nesta paisaxe de ceo e mar, tirada a principios desta semana preto de Bos Aires, Arxentina. Venus domina a escena, que inclúe a brillante estrela Aldebarán xusto embaixo á dereita. Os planetas son doados de atopar para os madrugadores, pero este ceo tamén contén dous dos pequenos mundos do noso Sistema Solar, Vesta and Ceres, que non son brillantes de abondo para ser vistos a simple vista. Sen embargo, o tempo de exposición da cámara dixital os captura. As súas posicións indícanse ao pasar o cursor sobre elas [visite a páxina orixinal se non o visualiza correctamente]. En órbita ao redor de Vesta, a sonda Dawn da NASA chegou aló o pasado xullo, pero está a piques de rematar a súa visita ao principal cinturón de asteroides. En agosto partirá para a súa prevista viaxe a Ceres, chegando ao planeta anano en 2015.

Texto orixinal no APOD.