Corredoira no ceo da mañá

Créditos da imaxe e copyright: Stefan Seip (TWAN)

Explicación: o brillante Venus e o resplandeciente Xúpiter seguen elevándose nas mañanciñas. As apacibles augas dunha pequena casa á beira dun lago preto de Stuttgart, na Alemaña, reflexan as elegantes corredoiras arqueadas nesta serie composta de diferentes exposiciones tirada na alborada do 26 de xullo. Consecuencia da rotación do planeta Terra sobre o seu eixo, as corredoiras concéntricas desas balizas celestes xunto cos sendeiros das estrelas aparecen marcadas no seu remate polo encadre final no ceo da mañá. Doado de atopar, Venus é o máis brillante e preto das árbores cercanas ao horizonte. Os arcos de Xúpiter están por enriba, cara o centro da imaxe, co compacto cúmulo das Pléiades a as Hiades ancoradas pola brillante estrela Aldebarán. Un sendeiro óllase mal, sen embargo. Non é concéntrico respecto dos outros e non é consecuencia da rotación terrestre: a Estación Espacial Internacional fuxe cara á dereita da escena,  brillando baixo a luz solar, xa que orbita o planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.