Triángulo do verán sobre Cataluña

Move o cursor por riba da imaxe e terás unha versión con anotacións.


Créditos da imaxe: CopyrightJuan Carlos Casado (TWAN)
Explicación: Atopas o Triángulo de Verán? Non é complicado atopar este famoso triángulo de estrelas nestes momentos do ano desde localidades septentrionais. Só tes que mirar ben recto cara arriba tralo solpor e atopar tres das estrelas máis brillantes do ceo que aproximadamente forman un triángulo. Despois, compara estas estrelas con imaxes celestes como a amosada arriba, ou sostén un smart phone executando unha boa aplicación de simulación do ceo. As tres estrelas que forman os vértices do Triángulo do Verán son VegaDeneb e Altair. Arriba, aparece fotografada unha proxección do ceo completo con 360 graos que amosa non só o Triángulo de Verán senón o gran arco da nosa galaxia Vía Láctea. A imaxe foi realizada a semana pasada en fornte dun regato que rodea a cidade histórica de Sant Llorenç de la Muga en Cataluña, ao nordés de España.

Texto orixinal no APOD.