Un vídeo musical do tránsito de Mercurio desde o SDO


Créditos do vídeo: Goddard Space Flight Center da NASA, Genna Duberstein; Música: Encompass de Mark Petrie

Explicación: Wque é ese pequeno punto negro que está a moverse por riba do Sol? Mercurio. Posiblemente a imaxe máis clara do paso de Mercurio por diante do Sol a comezos desta semana estivera na órbita terrestre. O Solar Dynamics Observatory obtivo unha vista sen interrupcións rexistrándoo nont só en luz visual senón tamén en bandas de luz ultravioleta. Aquí publícase unha película composa do cruce emparellado con música. Aínda que o acontecemento podería usarse cientificamente con éxito para determinar mellor os compoñentes da atmosfera ultrafina de Mercurio, o que si é seguro é que o evento demostrou scon éxito culturalmente ao involucrar a xente de todo o mundo observando un raro fenómeno astronómico. Moitas imaxes espectaculares deste tránsito de Mercurio ao redor (e por riba) do globo están a ser publicadas .