Venus e o Sol triplemente ultravioleta

Venus e un Sol triplemente ultravioletaCréditos da imaxe: NASA/SDO e the AIA, EVE e equipos HMI; Composición dixital: Peter L. Dove
Explicación: o ano pasado aconteceu un estraño tipo de eclipse solar. Normalmente é a Lúa da Terra a que eclipsa ao Sol. O pasado xuño, de xeito excepcional, o planeta Venus tivo a súa ocasión. Coma unha eclipse solar debida á Lúa, a fase de Venus converteuse nun crecente cada vez máis fino mentres Venus se aliñaba cada vez mellor co Sol. Ao final, a aliñación foi perfecta e a fase de Venus acadou o cero. A mancha escura de Venus cruzou a nosa estrela proxenitora. A situación podía etiquetarse tecnicamente coma unha eclipse anular venusiana cun anel de lume extraordinariamente grande. O Sol, fotografado arriba durante a ocultación, captouse en tres cores de luz ultravioleta polo  Solar Dynamics Observatory (N.T.: Observatorio de Dinámica Solar) que orbita á Terra, coa rexión escura da dereita correspondendo cun burato coronal. Horas máis tarde, mentres Venus continuou na súa órbita, apareceu de novo unha fase lixeiramente crecente. A vindeira eclipse solar venusiana ocorrerá en 2117.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!