Créditos da imaxe: NASA, Bill IngallsExplicación: que é iso do fondo? Dúas iconas famosas da cidade de Nova York fican erguidos na
foto superior tirada a semana pasada. Á esquerda érguese impoñente a
Estatua da Liberdade, un símbolo universal da liberdade, mentres á dereita álzase o
Empire State Building, agora o
segundo edificio máis alto da cidade. Aínda que, o que é único por unha soa vez na vida dun fotógrafo, é a terceira icona que aparece á esquerda da
Dama Liberdade. Alto no aire e lonxe no fondo
voa o transbordador espacial Enterprise,
pousado no alto dun reactor 747,
camiño do seu novo fogar. Os neoiorquinos e visitante da
Gran Mazá poden visitar o
transbordador espacial experimental no
IIntrepid Sea, Air & Space Museum no West Side de Manhattan a partires do 19 de xulllo..
Texto orixinal no APOD.