Voar sobre a Terra pola noite

Créditos do vídeo: Gateway to Astronaut PhotographyNASA ; Compilation: David Peterson (YouTube);
Música: Freedom Fighters (Two Steps from Hell)
Explicación: poden verse moitas marabillas cando se voa sobre a Terra pola noite. Unha recompilación de tales espectáculos visuais captouse recentemente desde a International Space Station (ISS ou Estación Espacial Internacional) e acompañáornse dunha música estimulante. Por debaixo van pasando nubes brancasluces roxas de cidaderelampos de raios nas tormentas e escuros mares azuis. No horizonte está o neboeiro dourado da fina atmosfera da Terra, frecuentemente decorado polas auroras en danza mentres o vídeo avanza. As partes verdes das auroras fican normalemente por baixo da estación espacial, pero a estación voa xusto ao través dos cumios vermellos e púrpura das auroras. Os paneis solares da ISS poden verse ao redor dos bordos do fotograma. A  ominosa onde de brillo que se achega ao final de cada secuencia é tan só o mencer da luz solar na metade da Terra, un mencer que ocorre cada 90 minutos.

Texto orixinal no APOD.