Nubes noctilucentes e aurora sobre Escocia


Créditos do vídeo: Maciej WiniarczykMúsica: Jolanta Galka-Kurkowska
Explicación: por que brillaría aínda o ceo tralo solpor? Ademais das estrelas e da banda da nosa galaxia Vía Láctea, o ceo podería brillar debido a que contén ou ben nubes noctilucentes ou ben auroras. Individualmente son raras de ver, e ámbalas dúas son visibles na película secuencia superior realizada sobre CaithnessEscociaRU tomada durante unha soa noite a comezos deste mes. Moitas nubes noctilucentes, olladas por primeira vez en 1885, sábese que están correlacionadas con ronseis meteóricos atmosféricos, aínda que os detalla e as orixes doutras seguen a ser un tema de investigación. Eses filamentos brillantes esparexidos de cristais de xeo que reflicten a luz solar son as nubes máis altas da atmosfera da Terra. O vídeo superior capta non so unha variedade de nubes noctilucentes, senón tamén como a súa estrutura varía ao longo dos minutos. As nubes máis baixas aparecen normalmente escuras e con movemento máis rápido. Aproximadamente á metade do vídeo únense ás nubes as auroras. Ás veces, as nubes baixas, as nubes noctilucentes e as auroras son todas visibles simultaneamente, cada unha facendo a súa propia danza por separado e, unha vez (olla se podes atopalo), incluso co Setestrelo rotando ao través do fondo.

Texto orixinal no APOD.

AstroBiocos: encontro galego de astronomía. Apúntate xa!