Eta Carinae, a estrela condenada

Créditos da imaxe: J. Morse (Arizona State U.), K. Davidson (U. Minnesota) et al., WFPC2, HST, NASA

Explicación: Eta Carinae podería estar a piques de estoupar, pero ninguén sabe cando: pode ser o vindeiro ano, pode ser dentro dun millón de anos. A masa de Eta Carinae, cen veces maior que o noso Sol, fai dela unha excelente candidata para un estoupido completo en forma de supernova. Os rexistros históricos mostran que hai 150 anos Eta Carinae sufriu un estoupido pouco usual que a converteu nunha das mais brillantes estrelas dos ceos meridionais. Pénsase que Eta Carinae, na nebulosa do Olla da Pechadura, é a única estrela que actualmente emite luz LASER de xeito natural. Esta imaxe, tirada en 1996, mostrou novos detalles na inusual nebulosa que arrodea a esta solitaria estrela. Visibles claramente hai dous lóbulos, unha rexión quente central e uns estranos raiosradiales. Os lóbulos están cheos de carreiros de gas e poeira que absorben a luz azul e ultravioleta emitida preto do centro. Os raios continúan sendo inexplicables.

Texto orixinal no APOD.