Resoltas as manchas brillantes do cráter Occator en Ceres

CeresOccator_Dawn_1080Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA
Explicación: que creou estas manchas brillantes de Ceres? As manchas foron olladas por primeira vez cando a sonda espacial automática Dawn chegou a Ceres en febreiro, o meirande obxecto do cinto de asteroides, coa esperanza de que o misterio sería resolto axiña coas imaxes de resolución máis alta. Porén, incluso despois de que a Dawn chegara a Ceres en marzo, o enigma ficou. Abraiantemente, aínda que as imaxes que inclúen a composición publicada tiradas o mes pasado resolvían moitos detalles do interior do cráter Occator, non resolvían o misterio. Outra pista recente é que se desenvolve un brétema feble sobre as manchas brillantes do cráter. Está programado que a Dawn continúe a baixar en espiral cara Ceres e explore o planeta anano de varios xeitos diferentes que, agardemos, determinarán a composición química da rexión e desvelarán ao final a natureza e a historia das manchas. Dentro de varios anos, tras esgotar a potencia, a Dawn continuará a orbitar Ceres de xeito indefinido, converténdose nun satélite artificial e un monumento imperecedoiro á exploración humana.