Exploración de aneis

pia08389_fig1_h500Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: móvete á dereita (N.T.: se amplías a imaxe premendo nela) ao longo dos aneis xeados de Saturno. Este escaneamento de alta resolución é un mosaico de imaxes presentadas en cores naturais. Foron rexistradas en maio de 2007 durante unhas 2,5 horas mentres a nave espacial Cassini pasaba por riba da beira escura dos aneis. Para axudarche no teu exame, os aneis e ocos principais están etiquetados xunto coa distancia desde o centro do xigante gasoso en quilómetros. A designación alfabética dos aneis de Saturno está baseada na historia pola súa orde de descubirmento; os aneis A e B son os brillantes arredados pola división de Cassini. En orde de aumento de distancia desde Saturno, os sete aneis principais son D,C,B,A,F,G,E. (os aneis G e E, máis tenues e exteriores, non aparecen fotografados). Dentro de catro días, o 29 de novembro, a realizará un sobrevoo preto da lúa Titán de Saturno e empregará a gran gravidade da lúa para empurrar a nave espacial a unha serie de 20 órbitas rasantes dos aneis, arriscadas e elípticas. O mergullo ao través do plano de aneis xusto a 11.000 quilómetro por fóra do anel F (no extremo dereito) no que será o primeiro paso rasante dos aneis pola Cassini será o 4 de decembro.