Sol negro e ceo estrelado invertido

Créditos da imaxe e copyright: Jim Lafferty

Explicación: seméllache familiar esta estrana bola escura? Se é así, podería ser porque é o noso Sol. A imaxe superior foi capturada como unha detallada vista solar nunha cor moi especial de luz vermella, logo foi procesada en branco e negro, e logo invertiuse a cor. Unha ver rematada, á imaxe superior foille engadido un campo de estrelas, ao que se lle invertiu as cores. Visible na imaxe superior do Sol hai longos filamentos de luz, activas rexións escuras, prominencias picudas ao redor do bordo e unha alfombra movente de gas quente. A superficie do Sol converteuse nun lugar particularmente ocupado nos últimos dous anos porque actualmente está preto do máximo solar, a época no que o campo magnético da súa superficie atópase máis activo. Ademáis de ser o Sol moi pintoresco, o plasma espallado pode converterse en máis pintoresco cando impacta na magnetosfera terrestre e crea as auroras.

Texto orixinal no APOD.