Juno achegándose a Xúpiter

PIA20701_fig1JupiterJunoCréditos da imaxe: NASA, JPL, Juno Mission
Explicación: achegándose sobre o polo norte tras unha viaxe de case cinco anos, Juno goza dunha perspectiva sobre Xúpiter non habitual, incluso polas naves espaciais da Terra que normalmente abanean preto do ecuador de Xúpiter. Ollando abaixo cara o xigante gasoso dominante desde unha distancia de 10,9 millóns de quilómetros, a JunoCam da nave captou esta imaxe co lado nocturno de Xúpiter e a súa comitiva de catro lúas galineanas en órbita o 21 de xuño. A JunoCam ten o propósito de fornecer imaxes en primeiro plano da atmosfera anubrada dividida e con franxas do xigante de gas e o 4 de xullo (5 de xullo TU) está previsto que Juno acenda o seu motor principal para frear e ser capturado dentro da súa propia órbita. Se todo vai ben, será a primeira nave espacial en orbitar os polos de Xúpiter, rozando ata os 5.000 quilómetros da parte superior das nubes xupiterianas durante a misión de 20 meses.