A fada da nebulosa de Saxitario

Créditos da imaxe: The Hubble Heritage Team, (STScI/AURA), ESA, NASA

Explicación: As esculturas de po da Nebulosa da Águia estanse a evaporar. Como a poderosa luz que se desprende fóra destas frías maontañas cósmicas, os escultóricos piares restantes poden imaxinarse como animais mitolóxicos. Enriba óllase unha das diversas e chamativas columnas da Nebulosa da Águia que podería ser descrita como unha xigantesca fada alieníxena. Esta fada ten dez anos luz de altura e desprende unha radiación máis quente que o fogo común. A máis grande Nebulosa da Águia, M16, é realmente unha codia xigante de gas e po evaporándose, dentro da cal hai unha crecente cavidade rechea cunha espectacular gardería estelar que actualmente forma un cúmulo aberto de estrelas. A imaxen superior, en cores científicamente reasignados, foi presentada en 2005 como parte das celebracións do decimoquinto anivarsario do lanzamento do Telescopio Espacial Hubble.

Texto orixinal no APOD.