Os aneis de Saturno dende o lado escuro

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: como son os aneis de Saturno dende o lado escuro? Os aneis de Saturno dende a Terra acostumamos a ollalos dende o lado en que o Sol os alumea, o que podemos chamar o lado bo. Xeometricamente, na imaxe de enriba tirada en agosto pola sonda robótica Cassini agora orbitando Saturno, o Sol atópase tras da cámara, pero no outro lado do plano dos aneis. Tal punto de vista ofrece unhas impresionantes vistas do máis espléndido sistema de aneis do Sistema Solar. Estrañamente, os aneis teñen semellanzas cun negativo fotográfico dunha vista frontal. Por exemplo, a banda escura no centro é en realidade o normalmente brillante anel B. O brillo do anel tal e como se rexistra dende diferentes ángulos indica o grosor do anel e a densidade das partículas do anel mesmo. Na parte superior esquerda do cadro  está a lúa de Saturno Tethys, a cal é difícil de atopar, e que contén máis masa que todo o sistema de aneis.

Texto orixinal no APOD.