Helene estereoscópica

Créditos: Cassini Imaging Team, ISS, JPL, ESA, NASA; Imaxe estereoscópica de Roberto Beltramini

Explicación: colle as túas lentes azuis e vermellas e flota xunto a Helene, a pequena e xeada lúa de Saturno. Chamada con toda propiedade Helene, é unha das catro lúas coñecidas como Troianas, chamadas así porque orbitan nun punto de Lagrange. Un punto de Lagrange é unha posición gravitacionalmente estable preto de dous corpos masivos, neste caso Saturno e a súa lúa maior, Dione. De feito, e con forma irregular (preto de 36 por 32 por 30 kilómetros) Helene orbita no punto de Lagrange dianteiro menteres o seu irmán, o xeado Pollux, o fai no outro punto de Lagrange, arrastrado por Dione. Este anaglifo estereoscópico ben definido foi elaborado a partir de dúas imaxes de Cassini (N00172886, N00172892) tiradas durante un sobrevóo de preto en 2011. Mostra parte do hemisferio de Helene do lado de Saturno, salpicado de cráteres e relieves similares a barrancos.

Texto orixinal no APOD.