
Créditos da imaxe e copyright: Brian DavisExplicación: a Nebulosa Roseta non é a única nube cósmica de gas e po que evoca a
imaxe das
flores; pero é a máis famosa. No límite dunha gran
nube molecular en Monoceros, a uns 5.000 anos luz de distancia, os pétalos desta
rosa son realmente unha gardería estelar cunha adorable forma simétrica,
esculpida polos ventos e radiación procedente do seu cúmulo central de
estrelas novas e quentes. As estrelas do enerxético cúmulo, catalogado
como NGC 2244, teñen só uns poucos millóns de anos de idade, mentres que a cavidade central da
Nebulosa Roseta, catalogada como NGC 2237, ten uns 50 anos luz de diámetro. A nebulosa pode verse
directamente cun pequeno telescopio cara a constelación do
Unicornio (
Monoceros).
Texto orixinal no APOD.