A nebulosa de Orión no visible e no infravermello

Orion_SpitzerCzernetz_1080Créditos da imaxe e copyright: (infravermello) NASA, Spitzer Space Telescope; (visible) Oliver Czernetz, Siding Spring Obs.
Explicación: a Gran Nebulosa de Orión é un lugar cheo de cor. Visible a ollo ceibe, aparécese coma unha pequena mancha borrosa na constelación de Orión. Porén, as imaxes de longa exposición e en multitude de lonxitudes de onda coma esta amosan unha nebulosa de Orión coma unha veciñanza ocupada de estrelas novas, gas quente e po escuro. Esta composición dixital amosa non só as tres cores da luz visible senón tamén as catro cores da luz infravermella tomada polo Telescopio Espacial Spitzer da NASA en órbita. A potencia por tras de gran parte da nebulosa de Orión (M42) está no Trapezium; catro das estrelas máis brillantes da nebulosa. Moitas das estruturas filamentarias que se ollan son realmente ondas de choque; frontes onde o material que se move veloz se atopa co gas que se move amodiño. A nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e está localizada a uns 1.500 anos luz de distancia no mesmo brazo espiral da nosa galaxiaSol.