A arañeira cósmica da nebulosa Tarántula

tarantula_drudis_960Créditos da imaxe e copyright: Josep Drudis
Explicación: é a rexión de formación estelar máis grande e complexa de toda a veciñanza galáctica. Localizada na Gran Nube de Magallanes, unha pequena galaxia satélite que orbita á nosa galaxia Vía Láctea, a aparencia arácnida da rexión é a responsable do seu nome popular, a nebulosa Tarántula. Porén, esta tarántula ten uns 1.000 anos luz de diámetro. Se estivera situada á distancia da nebulosa de Orión, a só 1.500 anos luz de distancia sendo a gardería estelar máis achegada á Terra, parecería cubrir no ceo uns 30 graos (60 lúas cheas). Os detalles intrigantes da nebulosa poden ollarse na imaxe publicada que se amosa en cores emitidos sobre todo polo hidróxeno e o osíxeno. Os brazos longais da nebulosa Tarántula arrodean a NGC 2070, un cúmulo estelar que contén alguns das estrelas máis masivas e brillantes coñecidas, visibles en azul no centro da imaxe. Como as estrelas masivas viven rápido e morren novas, non é tan abraiante que a Tarántula cósmica tamén se atope preto do lugar da supernova recente máis achegada.