Apollo 17: unha vista en estéreo desde a órbita lunar

Apollo 17: vista en estéreo desde a órbita lunarCréditos da imaxe: Gene Cernan, Apollo 17, NASA; anaglifo por Patrick Vantuyne
Explicación: pega dos teus lentes vermellos/azuis e comproba esta abraiante imaxe en estéreo doutro mundo. A escena gravouse polo comandante da misión Apollo 17 Eugene Cernan o 11 de decembro de 1972, unha órbita antes de descender para aterrar na Lúa. O anaglifo en estéreo ensamblouse a partires de dúas fotografías (AS17-147-22465, AS17-147-22466) captadas desde o punto privilexiado ao bordo do Módulo Lunar Challenger mentres tanto el coma o Dr. Harrison Schmitt sobrevoaban o lugar de aterraxe do Apollo 17 no val Taurus-Littrow. A faciana ampla e alumeada polo Sol da montaña alcumada Massif Sur érguese preto do centro do recadro, por riva do solo escuro de Taurus-Littrow a súa esquerda. Máis alá das montañas, cara o limbo lunar, está o Mare Serenitatis da Lúa. O Módulo de Comando America, pilotado por Ron Evans, pode verse en órbita no primeiro plano contra o cumio de Massif Sur.