Plutón pola noite

PIA20727PlutoNight1024cCréditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Institute
Explicación: o lado escuro de Plutón abarca esta escena borrosa. A vista espacial co Sol por tras do afastado mundo foi captada pola New Horizons o xullo pasado. A nave espacial esta a unha distancia duns 21.000 quilómetros, uns 19 minutos despois do seu maior achegamento. A imaxe, dun habitante do cinto de Kuipes cunha silueta emocionante, tamén desvela as abriantemente complexas capas tenues da atmosfera bretemosa. A paisaxe crepuscular do cuarto crecente preto do cumio do recadro inclúe zonas meridionais de chairas de nitróxeno xeado coñecidas informalmente coma Sputnik Planum e as montañas agrestes de xeo de auga dos montes Norgay.