No corazón da nebulosa Corazón


Créditos e copyright:Alan Erickson
Explicación: que hai no interior da nebulosa Corazón? O primeiro, a gran nebulosa de emisión denominada IC 1805 que se asemella, en conxunto, a un corazón humano. Quizais bo xeito de celebrar no Día de San Valentín, este corazón brilla pola luz vermella emitida polo seu elemento máis importante: o hidróxeno. O brillo vermello e a forma máis grande son creadas por un pequeno grupo de estrelas preto do centro da nebulosa. No corazón da nebulosa Corazón hai estrelas novas do cúmulo estelar aberto Melotte 15 que están a erosionar varios piares pintorescos de po coa súa potente luz e ventos. O cúmulo aberto contén unhas poucas estrelas brillantes cunhas 50 veces a masa do noso Sol, moitas estrelas febles con só unha fracción da masa solar e un microcuásar ausente que foi expulsado hai millóns de ano. A nebulosa Corazón está a uns 7 500 anos luz de distancia cara a constelación da mitolóxica Raíña de Etiopía (Cassiopeia).