Lúa minguante e Venus cheo saíndo

OccultVM_lopez_3frames6-4-16c1048Créditos da imaxe e copyright: A. Rosenberg, D. López (El Cielo de Canarias) / IAC
Explicación: o planeta interior Venus e un delgado cuarto minguante da Lúa nunca se afastan moito do Sol nos ceos do planeta Terra. Esta composición dunha secuencia de fotogramas, tirados preto do mencer do 6 de abril, amósaos a ámbolos dous erguéndose xusto por diante do Sol. As cúpulas do Observatorio do Teide na illa afortunada de Tenerife aparecen en silueta contra o crepúsculo. De feito, a serie de exposicións con teleobxectivo segue a ocultación de Venus pola Lúa en tres imaxes. Venus, lonxe da Terra na súa órbita e nunha fase case chea, estaba alumeado no 96 por cento. A rebanda minguante da Lúa, preto do perixeo ou máximo achegamento da Terra, representa máis ou menos o 2 por cento do disco cluar alumeado polo Sol. Tal e como se ve nas primeiras dúas exposicións, a brillante estrela matutina só se esvae na terceira mentres se agocha por tras do relucente limbo lunar. Neste vídeo secuencia (vimeo) comprímense en 15 segundos os cinco minutos da espectacular ocultación ao mencer.