Unha noite luminosa

Unha noite luminosaCréditos da imaxe e copyright: Phil Hart
Explicación: que é o que brilla no mundo pola noite? Visible a simple vista, un estraño brillo azul eléctrico esparéxese ao longo das costas do Lago Victoria o 16 de xaneiro, 2013. Contra os reflexos dunha luz preto do horixonte, esta longa exposición amoreada dixitalmente gravou a bioluminescencia de noctiluca scintillans, plancton estimulado polo abalo das ondas. Por riba, os ceos nocturnos da rexión dos Lagos Gippsland, Victoria (Australia), brillan cunha luminescencia verdecente máis feble. Os átomos do osíxeno da atmósfera superior, inicialmente excitados pola luz solar ultravioleta, producen unha quimioluminescencia atmosférica, máis estentida. A franxa tenue da Vía Láctea do verán meridional, destinxida pola rotación terrestre, estírase desde o horizonte mentres os ronseis estelares circundan o Polo Sur Celeste.