Cidade invertida baixo as nubes

chicagoclouds_hersch_960Créditos da imaxe e copyright: Mark Hersch
Explicación: como sería unha cidade do revés? A cidade, Chicago, está en realidade perfectamente do dereito. Porén, as sombras longas que proxectaba sobre o achegado lago Michigan preto do solpor, cando se vían reflectidas, facían que os edificios apareceran invertidos. Esta fascinante e confusa, aínda que fermosa imaxe, foi captada por un fotógrafo en 2014 desde un avión ao achegarse ao aeroporto internacional O’Hare de Chicago. O Sol pode ollarse tanto por riba como por baixo da cuberta de nubes, mailo reflexo no lago calmo. Como premio, se ollas ben de preto (e isto é un desafío) ypoida que atopes outro avión na fotografía, probablamente achegándose ao mesmo aeroporto.