Chuviscada invernal

Créditos da imaxe e copyright: Jack Fusco
Explicación: catro xemínidas relocen ao través dos ceos setentrionais nesta paisaxe celeste nocturna e invernal. O bólido brillante e 3 meteoros máis febles foron captados nunha soa exposición de 10 segundos, preto do máximo da chuvia de meteoros das xemínidas de decembro. En primeiro plano, reflectindo a luz verdella do bólido, está o lago Edith parcialmente conxelado no Parque Nacional Jasper de Alberta (Canadá), coas montañas Rochosas canadenses estendéndose ao longo do horizonte norte. Por suposto, o lago glaciar está frío incluso no verán. Pero o fotógrafo Jack Fusco informa de que experimentou temperaturas de -9ºC esa noite mentres gozaba dunha das chuvias de meteoros máis activas que nunca vira.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?