Meteoros das xemínidas


Créditos da imaxe composta e copyright: Jeff Dai (TWAN)
Explicación: desde os ceos escuros por riba da provincia Heilongjiang na China norleste, choven os meteoros nunha paisaxe invernal nesta fermosa composición nocturna. Os 48 meteoros son parte da anual chuvia das xemínidas da semana pasada. Pese ás temperaturas de -28ºC, todos se rexistraron en exposicións fotográficas feitas durante a hora do máximo do espectáculo celeste. Flúen desde o radiante da chuvia, ben no alto do horizonte preto das dúas estrelas brillantes da constelación zodiacal dos Xemelgos. O máximo das xemínidas deste ano do 13-14 de decembro, unha chuvia moi activa, chegou xusto antes do máxima aproximación do 16 de decembro feita polo asteroide 3200 Phaethon ao planeta Terra. O misterioso 3200 Phaethon probablemente é o corpo que orixina a chuvia das xemínidas.