Un ceo zodiacal sobre Curva da Ferradura

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe e copyright: David Lane
Explicación: que está a provocar o estraño raio de luz branca estricándose cara arriba desde o centro do horizonte? O po que orbita ao Sol. En certos intres do ano, unha franxa de po do Sistema Solar interior que reflicte a luz do Sol érguese moito antes do mencer, denominándose luz zodiacal. Na súa maior parte, o po orixínase nos cometas débiles da familia de Xúpiter e paseniñamente cae en espiral cara ao Sol. Na fotografía, por diante da luz zodiacal, hai unha vista espectacular da Curva da Ferradura do  río Colorado. Ben por tras da luz zodiacal temos un ceo espectacular que inclúe moitas estrelas brillantes que inclúen a Sirius, varios cúmulos de estrelas azuis como as Pléiades e unha escolma de nebulosas vermellas como o Bucle de Barnard de Orión. A composición de 30 imaxes foi tomada a comezos deste mes nunha escuridade case completa a só seis polgadas do bordo do perigoso cantil.