Tres galaxias e un cometa


Créditos da imaxe e copyright: Miloslav Druckmuller (Universidade Tecnolóxica de Brno)
Explicación: a difusa luz estelar e as nebulosa escuras ao longo da Vía Láctea meridional fan un arco sobre o horizonte e espállanse diagonalmente por esta marabillosa paisaxe nocturna. O impresionante mosaico abarca unha anchura de 100 graos, co agreste terreo da rexión da Patagonia (Argentina) no primeiro plano. Xunto coa vista privilexiada da nosa propia galaxia, a imaxe amosa unha perspectiva do exterior nas dúas galaxias satélite irregulares: as Nubes de Magallanes Grande e Pequena. A escena tamén capta a ampla cola maila brillante coma do cometa McNaught, o Gran Cometa de 2007.