O Setestrelo sobre a montaña Pirámide

Créditos da imaxe e copyright: Steve Cullen
Explicación: cando aprendiches a identificar este grupo de estrelas por vez primeira? Aínda que son familiares a moita xente de todo o mundo, as diferentes culturas teñen asociado este asterismo con iconas e folclore diferentes. Coñecino nos EUA coma o Gran Cazo, as estrelas forman parte dunha constelación denominada pola Unión Astronómica Internacional en 1922 coma a Gran Osa (Ursa Major). Os nomes recoñecidos para estas estrelas son (de esquerda a dereita) Alkaid, Mizar/Alcor, Alioth, Megrez, Phecda, Merak e Dubhe. Por suposto, é improbable que as estrelas de calquera constelación estean fisicamente relacionadas. Pero de xeito abraiante, a maioría das estrelas do Setestrelo semellan dirixirse na mesma dirección mentres se abren paso (N.T.: no inglés orixinal, o verbo “plough” traducido aquí é tamén unha denominación do setestrelo como “arado”) ao través do espazo, unha propiedade que comparten con outras estrelas espalladas por unha área aínda máis grande do ceo. O seu movemento común medido suxire que todas pertencen a un cúmulo estelar, achegado e pouco definido, aínda que se pensa que a unha media de uns 75 anos luz de distancia e ata uns 30 anos luz de diámetro. O cúmulo coñécese máis axeitadamente coma o Asociación Estelar da Osa Maior. A imaxe publicada capturou recentemente ás icónicas estrelas sobre a montaña Pirámide en Alberta, Canadá.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?