Anel de lume sobre Monument Valley

Anel de lume sobre Monument ValleyCréditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN)

Explicación: mentres a Lúa Nova continúa co seu habitual xogo de sombras celestial, un traxecto de eclipse anular de Sol comeza no oeste de Australia ás 22:30 TU do 9 de maio; preto do mencer do 10 de maio en hora local. Debido a que a eclipse ocorre a uns poucos días do apoxeo lunar, a silueta da Lúa no é quen de cubrir o Sol á metade da eclipse, creando momentaneamente un espectacular anel de lume. Mentres unha gran rexión presenciará unha eclipse parcial, a fase anular á metade da eclipse é visible ao longo dun camiño de sombra de só uns 200 quilómetros de ancho pero 13.000 quilómetros de longo, esténdendose ao tra´ve do Pacífico central. Para certas localidades ao longo do mesmo, o anel de luma dura de 4 a 6 minutos. Preto do horixonte, a aparenza da eclipse anular do 9/10 de maio (visible en liña) é suxerida por esta espectacular composición de maio de 2012. A secuencia de varios planos consecutivos representa a progresión dunha eclipse anular antes do solpor sobre Monument Valley no sudoeste dos Estados Unidos.

Texto orixinal no APOD.