Eclipse na posta da Lúa

Eclipse na posta da LúaCréditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Las Campanas Observatory, Carnegie Institution)

Explicación: a costa chilena do Océano Pacífico atópase por baixo deste mar de nubes. Por riba, á vista entre as cores sutís do ceo previo ao mencer, está a desenvolverse unha eclipse lunar, facéndose aos poucos máis escura a Lúa parcialmente eclipsada. O bordo curvo da sombra do planeta Terra aínda atravesa a metade do disco lunar mentres a Lúa se afunde cada vez máis, cara o horizonte occidental. De feito, deste esta localización do hemisferio meridional así como desde gran parte do leste de Norteamérica, a Lúa mergullouse completamente na sombra da Terra, comezando preto do momento da posta da Lúa e o mencer do 8 de outubro. Desde o extremo oeste, a fase total puido seguirse aínda por case unha hora, coa Lúa avermellada e máis escura aínda arriba no ceo nocturno.