Créditos da imaxe e copyright: Tor Even Mathisen; Música: Per Wollen; Voces: Silje Beate NilssenExplicación: algunha vez viches unha aurora? As auroras están a acontecer outra vez con frecuencia crecente. Co
Sol chegando ao seu máximo do ano undécimo cunha actividade que desencadea as auroras, está a
exhibir unha abundancia cada vez máis grande de
manchas solares,
erupcións e
expulsións de masa coronal. O normal é que unha actividade solar
coma esta expulse partículas cargadas ao Sistema Solar, algunhas das cales impactan a magnetosfera da Terra e desencadea as
auroras terrenais. A finais de 2010, o
vídeo secuencia superior de auroras pintorescas
captouse sobre
Tromsø (
Noruega). As
cortinas de luz auroral, normalmente verdes,
flúen,
tremelocen e
bailan mentres as partículas enerxéticas caen cara a Terra e
excitan ao átomos do aire da parte máis alta da atmósfera da Terra. Alí incluso pode haber
oportunidades de ollar auroras esta noite, xa que as
explosións solares recentes provocaron
observacións de auroras durante os últimos días.
Texto orixinal no APOD.