Tres galaxias sobre Nova Zelandia

Tres galaxias sobre Nova ZelandiaCréditos da imaxe e copyright: Mike Mackinven
Explicación: non, as antenas de radio non poden transmitir ás galaxias. Aínda que poden detectalas, a fotografía superior amosa unha superposición fotoxénica durante unha noite escura en Nova Zelandia hai unhas dúas semanas. Tal e como se representa enriba, a parte central da nosa Galaxia Vía Láctea pode verse erguéndose polo leste á esquerda da imaxe e arqueándose por todo o alto. Por baixo do arco galáctico e xusto por riba do horizonte están as dúas galaxias satélite máis brillantes da nosa Vía Lácea, coa Pequena Nube de Magallanes á esquerda e a Gran Nube de Magallanes á dereita. A antena de radio é a Warkworth Satellite Station (ou Estación de Satélites Warkworth) situada xusto ao norte de Auckland.