Spica, Marte e Lúa eclipsada

Spica, Marte e Lúa eclipsadaCréditos da imaxe e copyright: Damian Peach
Explicación: unha fermosa e avermellada Lúa escorrega polos ceos escuros do 15 de abril, completamente inmersa na sombra da Terra ben durante unha hora. Foi a primeira eclipse total lunar do ano e foi gozada amplamente por todo o Hemisferio Occidental do planeta. O disco lunar atenuado, ollado desde a illa Caribeña de Barbados, captouse durante a totalidade nesta paisaxe celeste chea de cor. A cor vermella escura da Lúa contrasta de boa maneira coa brillante estrela azulada Spica, a estrela alfa da constelación Virgo, que posa a só uns dous graos de distancia. Máis brillante ca Spica e a uns 10 graos da Lúa pola dereita, Marte está preto da oposición e do seu achegamento máis próximo á Terra. O ton rubio do propio Planeta Vermello semella o eco da cor da Lúa eclipsada.