O despegue de OSIRIS-REx

av_orex_l1799201621907am63_600hCréditos da imaxe: United Launch Alliance
Explicación: preto do solpor do xoves, os ceos despexados ollaron o despegue da nave espacial OSIRIS-REx. O seu vehículo Atlas V, que amosa só un foguete de combustible sólido, despega desde o Complexo 41 de cabo Canaveral nesta fotografía gran angular en contrapicado que apunta á plataforma de despegue mailo solpor. OSIRIS-REx está ligado a Bennu, tendo programado o encontro co asteroide (co tamaño dunha montaña) en 2018. Pero antes a nave espacial regresará á Terra, o seu planeta fogar, para unha manobra de asistencia gravitacional para impulsalo no seu camiño. Trala exploración polo miúdo de Bennu, OSIRIS-REx collerá unha mostra da superficie do asteroide en 2020 e a traerá a casa, voltando á Terra en 2023. Se todo vai ben será a mostra máis grande traída por unha misión espacial desde a época do Apollo.