Créditos da imaxe: Yuri Beletsky (ESO) Explicación: por que está esta xente a disparar un potente láser ao centro da nosa Galaxia? Afortunadamente isto non significa que sexa o primeiro chanzo nunha
guerra galáctica. Máis ben, os astrónomos do
Telescopio Moi Longo (VLT) ubicado en
Chile están intentando medir a distorsión da
cambiante atmosfera terrestre. O fotografado constante a gran altitude de átomos excitados polo
láser (que aparecen coma unha
estrela artificial) permite aos astrónomos
medir instantanemante a perturbación atmosférica. Esta información é enviada de novo ao
espello do telescopio VLT que entón é
deformado lixeiramente para minimizar esta perturbación.
Neste caso, un VLT estaba a ollar ao
noso centro galáctico, polo que se necesitaba a perturbación atmosférica nesa dirección. De estarmos nun
conflito intergaláctico, de ollarse desde o
centro da nosa Galaxia non se agardarían baixas. De feito, a luz deste
potente láser aparecería combinado xunto coa luz do noso Sol
só tan brillante coma unha estrela tenue e afastada.
Se a vida continúa: calendario de balde APOD 2014 en formato PDF (en inglés)