Cuatro láseres sobre Mauna Kea

Catro láseres sobre Mauna KeaCréditos da imaxe e copyright: Jason Chu (IfA Manoa)
Explicación: están a seren usados os láseres dos telescopios xigantes para atacar ao centro galáctico? Non. Os láseres disparados desde os telescopios empréganse a cotío para aumentar a precisión das observacións astronómicas. Nalgúns lugares do ceo, as fluctuacións inducidas pola atmosfera terrestre na luz das estrelas poden indicar como está a mudar a masa de aire sobre un telescopio, pero moitas veces non hai ningunha estrela brillante na dirección na que se precisa a información atmosférica. Nestes casos, os astrónomos crean unha estrela artificial onde a necesitan; cun láser. As observacións posteriores da estrela artificial do láser guía poden desvelar información tan polo miúdo sobre os efectos de desenfoque da atmosfera da Terra que este desenfoque pode eliminarse flexionando axiña o espello. Tales técnicas de óptica adaptiva permiten observacións de elevada resolución desde terra de estrelas reais, planetas e nebulosas. Na fotografía de enriba, están a empregarse catro telescopios simultaneamente en Mauna Kea, (Hawaii, EUA) para estudiar o centro da nosa galaxia e todos usan un láser para crear unha estrela artificial achegada.