Panorámica de Greeley, Marte

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Cornell/Arizona State U.

Explicación: que fixeches durante as vacacións de inverno? Se foras o vehículo Opportunity de Marte pasarías catro meses parado e poeirento na ladeira norte de Greeley Haven, inclinado para que os peneis solares poderan absorber toda a luz posible. Durante a súa parada de inverno o habitualmente vagamundo robot realizou varias actividades, incluíndo a de tirar máis de 800 imaxes dos seus arredores, moitas das cales foron combinadas nesta panorámica de 360 grados dixitalmente comprimida, presentada con cores esaxeradas para destacar diferentes características da superficie. Á esquerda poden ollarse as pegadas antigas do Opportunity, e na parte inferior da imaxe poden verse os paneis solares cubertos de poeira. Baixo o horizonte, á dereita do centro, pódese ollar un muro interior de 20 kilómetros do cráter Endeavour. Agora que o inverno marciano do norte rematou o Opportunity camiña de novo, esta vez cara adiante (ao norte). O rover está programado para investigar a inusual cor das manchas do chan mentres comeza a explorar o interior do Endeavour, un cráter que contén formacións máis antigas que as xa visitadas.

Texto orixinal no APOD.