Un vídeo-secuencia do telesopio ALMA



Créditos do vídeo: ESO, José Francisco Salgado, NRAO; Música: Flying Free (Jingle Punks)
Explicación: é o proxecto astronómico terrestre máis caro e complexo, ata o de agora; que ollará esta noite? O proxecto Atacama Large Millimeter Array (ALMA ou Gran Conxunto do Milimétrico de Atacama) consiste en 66 antenas, moitas do tamaño dunha casa pequena, situadas a gran altitude no Deserto de Atacama ao norte de Chile. Xuntas, o ALMA olla os ceos en luz de hradio de alta frecuencia, unha banda que normalmente se emprega para as comunicación slocais debido a que é moi absorbida pola humidade ambiental. Porén, a atmósfera delgada e a humidade baixa por riba de ALMA permiten  ollar ben fondo no noso Universo en aformas novas e únicas que, por exemplo, posibilitan exploracións do universo temperán na procura dos elementos químicos involucrados na formación estelar, e observar os sistemas estelares locais na procura de signos de discos que forman planetas. O vídeo-secuencia superior amosa o curso de catro antenas do ALMA durante unha noite. A Lúa ponse cedo neste vídeo, mentres tres discos se re-aliñan ao unísono. As estrelas do fondo están a rotar de seguido, a banda central da nosa Galaxia da Vía Láctea xira ao redor e, finalmente, sae pola dereita, mentres que á metade do camiño as Nubes de Magallanes Pequena e Grande (galaxias satélite achegada á nosa Vía Láctea) érguense por riba do horizonte. Nun intre as luces dianteiras dun coche alumean as antenas, mentres por riba cruzan de vez en cando satélites que orbitan á Terra. A luz do día remata o vídeo pero non as observacións do ALMA; que normalmente funciona tanto pola noite coma polo día.