Nubes preto do bordo do espazo

Créditos da imaxe e copyright: P-M Hedén (Clear Skies, TWAN)

Explicación: as nubes noctilucentes ou de brillo nocturno atópanse preto do bordo do espazo. Dende unha altura de 80 kilómetros sobre a superficie da Terra, as nubes xeadas poden aínda reflexar a luz solar aínda que o Sol mesmo estea baixo o horizonte, tal e como se olla dende o chan. Normalmente aparecen en latitudes altas nos meses de verán. As diáfanas aparicións son tamén coñecidas como nubes mesosféricas polares e poden relacionarse con cambios globales na atmósfera de embaixo. Esta acougada vista presenta unhas nubes noctilucentes sobre a auga e rexistrouse o mes pasado da vila costeira de Vaxholm, Suecia. A fotografía foi tirada preto da medianoite local.

Texto orixinal no APOD.