Un ano de ceo sobre a Terra

Créditos do vídeo e copyright: Ken Murphy (MurphLab); Música Ariel (Moby)

Explicación: cada panel representa un día. Con 360 paneis con películas, todo o ceo (ou case) dun ano completo amósase en formato de vídeo secuencia tal e como o gravou unha cámara de vídeo no teito do museo Exploratorium de San Francisco (California). A cámara gravou unha imaxe cada 10 segundos desde antes do mencer ata despois do solpor e desde mediados de 2009 deica mediados de 2010. Unha marca temporal que amosa a hora local do día aparece na parte inferior dereita. Os vídeos están ordeados cronoloxicamente, co 28 de xullo no extremo superior esquerdo e o 1 de xaneiro ubicado máis ou menos na metade inferior. Aínda que cada día dura 24 horas, a duración da luz solar é máis longa no hemisferio norte en xuño e nos meses próximos ao verán, un feito que se pode ver aquí mentres os vídeos do fondo (e pronto do de enriba) son os primeiros en alumearse co mencer. Nos vídeos, a escuridade indica que é de noite, o azul representa un día claro mentres que os fotogramas grises sinalan unha cobertura nubosa persistente polo día. Moitos vídeos amosan patróns complexos de nubes que se moven por todo o amplo campo visual da cámara mentres progresa o día. Cando os vídeos rematan á vez, é o solpor e por tanto descende a escuridade por primeira vez nos días de inverno xusto por riba do medio, e aínda estamos a mediados do veran preto do fondo.

Texto orixinal no APOD.