LDN 988 e amigos

LDN988andCompany_morales1024Créditos da imaxe e copyright: Rafael Rodríguez Morales
Explicación: as estrelas están a formarse na nube molecular, escura e poeirenta LDN 988. Ollándose preto do centro da imaxe a uns 2.000 anos luz de distancia, LDN 988 e outras nebulosas escuras achegadas foron catalogadas por Beverly T. Lynds en 1962 empregando as placas do Sky Survey do Observatorio Palomar. Narrowband and near-infrared As exploracións en banda estreita e infravermello achegado da nebulosa escura desvela potentes choques e fluxos de anos luz de diámetro asociados con ducias de estrelas recén nadas. Pero nesta definida imaxe telescópica en visual, os perfís irregulares de LDN 988 e amigos semellan figuras de pauciños bailando que eclipsan os ricos eidos estelares da constelación Cygnus. Desde lugares escuros a rexión pode identificar a simple vista. Forma parte do Gran Fenda de nubes escuras ao longo do plano da galaxia Vía Láctea coñecida coma o Saco de Carbón Setentrional.